Envíenos un correo
Envíenos un correo
Chámenos agora
+34 988 493 520
Construción e reformas
Compartir:
Hoxe entra en vigor o Plan Reforma 2017, no que podes obter materiais para baño e cociña con un interesante desconto. Comentámosche a continuación en que consiste e que necesitas para que che apliquen todas as vantaxes do plan.
CONDICIÓNS
As axudas directas por parte IGAPE son como mínimo 200€ e como máximo 1000€ de descontos en materiais (aos que se lle engade outros 1000 € por parte do establecemento.)
Mantense un descontó do 20% en materiais de baño ou cociña por parte do establecemento e outra rebaixa do 20% subvencionada polo IGAPE pero que aplica ao establecemento, e dicir, o establecemento ao momento de mercar os materiais terá que facer un desconto do 40% (antes de impostos).A man de obra e electrodomesticos non estan incluídas.
Para beneficiarse dos descontos o establecemento ten que ser un establecemento de distribución de materiais e estar adherido ao programa Reforma 2017.
O importe mínimo de material terá que estar por riba dos 1000€, sendo o importe máximo de compra de 5000€ en unha ou varias veces.
O prazo abre hoxe 11 de outubro ata o 17 de Novembro de 2017.
QUE TEÑO QUE FACER?
Acudir a un establecemento adherido ao plan reforma 17, ten que ter una pegatina identificativa, senón pode consúltalo no web do IGAPE http://www.igape.es/reforma17 ou chamando ao número: 900 815 151.
Levar o seu DNI e un recibo de algún suminsitro (luz, auga..etc) ou certificado de empadroamento, ou a escrituta da vivenda ou o recibo do IBI para xustificar a propiedade ou residencia no domicilio. Calquera destes xustificantes debe estar a nome do solicitante da axuda e referirse ao domicilio da reforma.
Mercar o material por un máximo de 5000€.
O establecemento aplicara un 40% de rebaixa (antes de imposto sao momento) e logo tramitará a solicitude ao igape para que lle subvencione a metade do desconto aplicado.
Emitiralle factura que leva o desconto e a subvención que se lel aplica e que vaiselle pagar ao establecemento.
Unha vez presentada a solicitude, só lle queda pagalos a través de transferencia bancaria ou ingreso identificando o seu nome e o número da factura (non se admiten pagamentos en metálico) e realizar a reforma e instalar os bens adquiridos no prazo máximo de 3 meses.
QUE ME OFRECE ALFESAN?
Como somos una empresa de construcción,reforma e interiorismo, non podemos adherirnos a campaña para facer descontos en material pero si que lle ofrecemos un orzamento da man de obra para colocar eses materiais. Vostede porá os materiais e nos ofreceremoslle mellor experiencia e profesionalidade.
Fonte: IGAPE
SERVIZOS ALFESAN
Obra privada
Obra pública
Xestión de comunidades
Multiservizos
Solicítenos orzamento sen ningún compromiso pulsando aquí