Envíenos un correo
Envíenos un correo
Chámenos agora
+34 988 493 520
Construción e reformas
Compartir:
Sabemos que che gústa ver o programa de reformas de Divinity, o finde non fas outra cousa que mantiña té e vexo a ver con que nos saen esta vez os famosos xemelgos mais famosos da TV. Xa estás familiarizado coa expresions: concepto aberto, cociña con illa ou hai unha tubería que hai que mover e incrementanos o presuposto. Eres unha destas persoas que lle gusta a creatividade e ve estes programas como forma de entretemento e inspiración. Se reunes todos os requisiños que mencionei anteriormente e ademais tes Netflix, e se non os reunes pero tes Netflix, propoñémosche unha serie de programas e doscumentais interesantes sobre deseño, interiorismo, contrucción e arquitectura, así que, este sábado xa tes mais opcións para formarte no gremio.
Abstract
Documental sobre os principios do deseño, as veces faise algo denso pero aprendese moito sobre o proceso que seguen famosos deseñadores para dar vida as obras e proxectos que teñen na mente, sinxelamente fainos ver que o proceso de deseño non é tan sinxelo como parece e que realmente se necesita práctica, observación e abstracción para levar a cabo estas ideas creativas. Cada capítulo un deseñador conta a súa historia, hai deseñadores gráficos, deseñasores de zapatillas, interioristas...
The World,s Most Extraordinary Homes ( As casas mais extraordinarias do mundo)
Neste caso o Arquitecto premiado Pierss Taylor e a actriz fanática das propiedades Caroline Quentin, neste documental da BBC, lévanos polas casas mais impresionantes do mundo, autenticas obras de arquitectura e innovación que nos deixan ca boca aberta, as localizacións das casas tamén adoitan ser de impresión, e moitas veces a localización inflúe moito na concepción do deseño da casa, facendoa integrar perfectamente na paisaxe. Documental entretido e que te deixará en shock.
Grand Designs (Grandes Deseños)
Outro documental ou programa sobre arquitectura e contrucción. Este está mais orientado a ver o proceso polo que pasan os donos para facer unha casa. O narrador vai explicando como se constrúe a casa, como deseñan o interior e que problemas lle aparecen no proceso, que non son poucos, como non, aquí tamén aparece a palabra incremento de orzamento que é un clásico nestes programas. Van contando o proceso, e vese como vai avanzando a obra, o cal é un punto interesante, tamén explica algo dos materiais e das técnicas de construcción que se utilizan, é un pouco mais didáctico ca o anterior documental.
The Great Interior Design Challenge ( O Gran Reto de Deseño Interior)
Este programa é mais dinámico e vai enfocado como unha competición ou concuso sobre interioristas, é interiorismo puro e duro non interiorismo comercial como, por exemplo o programa de Divinity. O programa é moi entretido, dispón de probas tamén e os deseñadores teñen que convencer aos clientes, formular un deseño acorde con eles, desenvolver unha temática, crear novos produtos de decoración, pintar...e. Neste programa vese a frustración , a gran inventiva para sair dos problemas e a gran creatividade dos concursantes. Como é de esperar van competindo e van eliminándose conforme pasan as rondas, asi que aquí un erro pode ser fatal.
Estes son programas que che farán aprender e desenvolver a túa creatividade ao mesmo tempo que desfrutas dunha tarde de relax con Netflix. Esperamos que vos gusten e que desperten a curiosidade por este sector que é impresionante e ten moito que dar.
SERVIZOS ALFESAN
Obra privada
Obra pública
Xestión de comunidades
Multiservizos
Solicítenos orzamento sen ningún compromiso pulsando aquí